domingo, 10 de marzo de 2013

Reflexión



As innovacións acontecidas no ámbito das técnicas da información e comunicación acontecen cunha gran rapidez e abranguen ao mundo na súa totalidade.

Internet permite relacionarnos de novas maneiras, pero tamén con persoas que, doutra maneira non teríamos coñecido. Se algo caracteriza á rede é a capacidade de interacción, cun simple clic podemos dar a coñecer a centos de persoas unha iniciativa.

No ámbito educativo estas características constitúen unha vantaxe, a través das redes sociais, das comunidades educativas (e-Twinning), da posibilidade do uso de tablets por cada alumno para desenvolver contidos ou ben para buscalos, da creación del blogs, etc. Poderiamos citar unha extensa cantidade de recursos que os educadores temos a obriga de coñecer e de utilizar no desenvolvemento da nosa tarefa diaria.

Polo contido do módulo que estamos a traballar, facer fincapé na utilización do blog, como ferramenta que nos permita ter presenza dentro da nosa comunidade educativa, servíndonos de canal de intercambio con todos os seus compoñentes, así como chegar a compartir máis alá da propia escola diferentes coñecementos e ponernos en contacto con diferentes organismos; en suma, facernos máis visibles e conectar a escola co seu entorno.

No hay comentarios:

Publicar un comentario